Xacarandaina ateiga o Ágora co seu festival benéfico a favor de Boa Noite

Xacarandaina ateiga o Ágora co seu festival benéfico a favor de Boa Noite
Nenos nun momento da actuación | PATRICIA G. FRAGA

A asociación cultural Xacarandaina logrou, un ano máis, un cheo total no seu Festival Solidario de Primavera, unha iniciativa que nesta edición recadou fondos para a entidade Boa Noite, que traballa para dar unha vida mellor ás persoas sen fogar. Todos os grupos da escola de Xacarandaina –alumnado infantil, xuvenil e adulto de baile tradicional, pandeireta, gaita, acordeón e percusión– uníronse no escenario do Ágora por unha boa causa.


A colecta das entradas, que tiñan un custo de tres euros, foi íntegra para Boa Noite, “que acompaña con agarimo ás persoas sen fogar ou en risco de exclusión social nas cidades da Coruña e Santiago”, explicou a agrupación. Ademais, podía colaborarse coa ONG realizando unha doazón mediante transferencia bancaria –ES32 2103 4771 7000 3344 7681– ou bizum –código de envío 07650–.


A actividade, subvencionada pola Deputación Provincial, logrou ateigar o recinto e foron moitos os que quedaron fóra, apuntaron algúns espectadores. Os participantes non ían ataviados cos traxes tradicionais, pero si mostraban algúns elementos como panos e outros complementos característicos do baile galego. No elenco de participantes atopábanse músicos e bailadores de todas as idades, desde os principiantes ata os máis veteráns e gañadores de diferentes premios e recoñecementos.

Xacarandaina ateiga o Ágora co seu festival benéfico a favor de Boa Noite

Te puede interesar